Blog/Novas
Visita o noso blog para estar ao día. Novas e historias e demais cousas que pasan polas nosas cabezas
Hórreos, pazos e cruceiros
O labrado en granito contribuíu a configurar a nosa etnografía, tanto como o labor dos campesiños ou dos mariñeiros. Porque os canteiros traballan desde hai séculos a pedra coa que se edificaron os miles de cruceiros que velan nos camiños, os perpiaños dos grosos muros dos pazos máis señoriais e os hórreos nos que gardar as colleitas máis prezadas.
A ruta da Camelia
As camelias son as auténticas protagonistas nos xardíns dos aristocráticos pazos. Anímate a visitalos durante a época de floración e comprobarás como a experiencia se converte nun verdadeiro espectáculo para os sentidos.
As Rías
O perfil de Galicia é facilmente recoñecible polas súas rías, linguas de mar que penetran na terra creando un equilibrio perfecto, con augas únicas que serven de lugar de cultivo para os mellores mariscos e peixes.
As Fragas do Eume
Catalogado como bosque atlántico por excelencia, as Fragas do Eume teñen a categoría de protección de parque natural. A través das súas rutas poderás descubrir multitude de especies vexetais autóctonas, incluídos fentos e liques que permanecen na zona desde a Era Terciaria.
Coñeces Galicia?
Dicían que nas nosas costas remataba o mundo, mais antes de que te perdas no océano Atlántico, que se pensaba infinito, convidámoste a descubrires un universo que che espertará os cinco sentidos.
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, que inclúe os catro arquipélagos das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, garante a conservación e mellora duns ecosistemas tan exclusivos coma fráxiles.
O Camiño de Santiago
O Camiño de Santiago foi, e segue sendo, sen dúbida, a ruta máis antiga, máis concorrida e máis celebrada do vello continente. Xerusalén e Roma foron durante séculos os dous pólos de atracción para os peregrinos e viaxeiros europeos, pero non fixeron camiño. Santiago tamén compartiu con eles a atracción dos camiñantes e andadores de tódolos tempos, pero, ademais, creou una ruta, fixo un Camiño.
Despois de moito esforzo estreamos por fin a demo do que será a nosa nova páxina web. Con esto queremos decir que é unha versión de proba e que estará con toda seguridade chea de erros que rogamos saibades desculpar.
Aínda non está activa ao 100%, pero estamos traballando a reo para que saia axiña falla o motor de reservas e a tenda...
De vagar imos trazando este novo camiño co queremos estar máis perto de vós e chegar a máis xente
Comezamos?