As Fragas do Eume

18/08/2017

Cunha extensión de máis de 9.000 hectáreas, esta fraga consérvase practicamente virxe e nela apenas vive xente.

As rías altas de Betanzos e Ares, próxi­mas a esta masa boscosa de incalcula­ble valor, son as que lle proporcionan un clima suave durante todo o ano.

O río Eume e algún dos seus afluen­tes regan este val inzado de freixas e saltos de auga; o seu discorrer ince­sante racha co silencio do bosque, que poderás coñecer camiñando por algunha das súas rutas sinalizadas.

Se reparas no terreo, é posible que distingas pegadas de lobos, aínda que polo seu comportamento, fu­xidío cos humanos, será difícil que poidas chegar a velos.

Nun dos lugares máis espectacula­res érguese o Mosteiro de Caaveiro, construído no século XII para acoller os anacoretas que habitaban na zona. Alí poderás intuír o retiro espiritual e a absoluta tranquilidade da que gozaron estes primeiros habitantes. As vistas panorámicas sobre o río e as fragas son inmellorables.

Moi preto, aínda que fóra das fragas, tes outra xoia arquitectónica: o Mos­teiro de Santa María de Monfero, situado nun pequeno val polo que corre o río Lambre.

Verás como te sorprende a decora­ción da súa fachada, en forma de axadrezado e realizada en granito e lousa, así coma os sartegos con­servados no seu interior e delicada­mente labrados da familia Andrade, que gobernou a zona durante sécu­los e se converteu nunha das máis poderosas.

Moi cerca, no municipio de Aranga, sitúase outra das xoias naturais des­ta comarca: a Fraga das Barbudas, repleta de fervenzas que chegan a alcanzar os vinte metros de altura. A variedade vexetal desta fraga non deixará de impresionarte.

Os raposos, os xabarís, as cabras ou os corzos habitan estes lugares regados polos ríos Cambás e Man­deo, que desembocan no veciño mar.

Ao longo do percorrido encontrarás a minicentral eléctrica de Barrei­ros e a aldea do Couce, rodeada de prados e terras de labranza que compoñen unha típica estampa rural galega.

Comentarios

Easy Galicia SLP ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas y gracias al que ha podido optimizar su  sistema de ventas y gestión de reservas para incrementar sus ventas y mejorar su productividad. La acción ha tenido lugar en el año 2017 y para ello ha contado con el apoyo del Programa TicCámaras  de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.”   

Una manera de hacer Europa