Hórreos, pazos e cruceiros

28/08/2017

Non hai dous hórreos iguais. Se con­templas o de Carnota, os de Comba­rro ou os de Piornedo, comprobarás a súa variedade. Estas construcións, destinadas a gardar as colleitas, le­vántanse sobre piares que sosteñen cámaras ventiladas realizadas en ma­deira ou pedra.

Eminentemente rurais, os pazos, as grandes casas das familias fidalgas, edificáronse en pedra entre os sécu­los XVII e XIX. Arrodeados sempre de magníficos xardíns, nos que adoi­to están presentes especies vexetais dos cinco continentes, destacan neles as camelias.

Os pazos de Mariñán, Oca, San­ta Cruz de Ribadulla ou Fefiñáns son algúns dos soberbios exemplos que hai por toda a xeografía galega.

É imposible percorrer Galicia sen atoparse con ducias de cruceiros, xa que hai contabilizados uns 12.000. Son cruces de pedra, expresión da devoción popular, que se levantan nos camiños ou preto de igrexas e cemiterios co fin de protexer os viaxeiros.

Non dubides en visitar o de Melide, datado no século XIV, ou o do Hío, construído no século XIX, que sobre­sae pola súa espectacularidade, posto que recolle varias escenas bíblicas.

Galicia esperta os teus sentidos. Ulir os seus bosques, sentir o mar bravo, saborear a súa gastronomía, notar baixo a man a rugosidade das pedras milenarias e observar a súa variada fauna son algunhas das posibilida­des que che ofrece esta terra, rica en natureza e patrimonio.

Comentarios

Easy Galicia SLP ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas y gracias al que ha podido optimizar su  sistema de ventas y gestión de reservas para incrementar sus ventas y mejorar su productividad. La acción ha tenido lugar en el año 2017 y para ello ha contado con el apoyo del Programa TicCámaras  de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.”   

Una manera de hacer Europa