As Rías

21/08/2017

Con  1.650  quilómetros  de  costa ,  as   dezaseis  rías  albergan  máis  de   700  praias   de   area   fina    que   convidan    ao  descanso,  ao  baño,  á  práctica  do   deporte ou á navegación.  

Divididas      entre       Rías      Altas       e       Rías    Baixas     polo    Cabo    Fisterra,     correspondéndose co norte e o sur da  comunidade galega, as  primeiras  destacan  polas  súas  espectaculares  paisaxes de  esgrevios cantís , namentres  que o  suave clima das do sur  as converte  nun   destino  moi  demandado   durante as vacacións estivais .

A  ría de Ribadeo  é a máis oriental e a  que comunica Galicia con Asturias. A  riqueza das súas zonas húmidas favorece a existencia dunha variada fauna.  Ademais,   a    Mariña   luguesa    tamén    conta coas rías de Foz e Viveiro. 

É  a  provincia  da  Coruña  a  que  máis   rías     posúe,     concretamente     once,      algunhas   delas   vixiadas   por    cabos  impresionantes  coma o de Estaca de  Bares  ou  o  de  Ortegal  nos  extremos   das rías do Barqueiro e Ortigueira.

Abeiradas       polo        Golfo       Ártabro sitúanse  as  de  Ferrol,  Ares,  Betanzos   e A Coruña, cheíñas de praias de area  fina   e   augas   tranquilas,   ideais   para    pasalo ben en familia e para practicar  deportes acuáticos coma a vela. 

Na     Costa     da     Morte     localízanse      as   rías   de   Corme   e   Laxe,   Camariñas   e   Corcubión;   as   súas   grandiosas     paisaxes     marítimas     semellan      esculpidas  pola  forza  do  océano  Atlántico, que golpea incesante nos seus  acantilados    durante    os    temporais     invernais.

As  Rías  Baixas   destacan  polo  seu   clima suave e por seren un cobizado  destino  turístico  estival  para  quen   quere  gozar  de  calidade  de  vida.  Os   areais  da   ría  de  Muros  e  Noia   non   deixarán de sorprenderte.  

E  na  de   Arousa   vas  atopar  numerosos   bancos   marisqueiros   onde,    fundamentalmente,      verás   mulleres  traballando,  mentres  que  a  ría   de  Vigo   se  caracteriza  polos  centos   de  bateas  que  aboian  sobre  as  súas   augas.    Ademais,    poderás    acceder     ao  Parque  Nacional  das  Illas  Atlánticas   e  escoitar  lendas  sobre  galeóns   afundidos   cargados   de   ouro    que descansan no seu fondo.

Comentarios

Easy Galicia SLP ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas y gracias al que ha podido optimizar su  sistema de ventas y gestión de reservas para incrementar sus ventas y mejorar su productividad. La acción ha tenido lugar en el año 2017 y para ello ha contado con el apoyo del Programa TicCámaras  de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.”   

Una manera de hacer Europa