Visita guiada a Santiago de Compostela

Visitas guiadas

Durante o noso percorrido, comentaremos as orixes de Santiago de Compostela e a súa transformación ata os nosos días, así como os distintos "camiños" que durante séculos foron vieiros de visitantes de todo o mundo. Tamén comentaremos os feitos e historias interesantes que se agochan neste incrible e universal escenario de pedra.

O percorrido transcorrerá polo casco histórico, contemplando desde o exterior a Catedral e as súas principais prazas: Obradoiro, Praterías, Inmaculada e A Quintana. Tamén falaremos do Antigo Hospital Real, do Mosteiro de San Martiño Pinario, dos edificios universitarios, dos xardíns, das prazas e das rúas que conforman a cidade.

O punto de encontro será baixo os arcos do pazo municipal “Pazo de Raxoi”. Estes percorridos realízanse en pequenos grupos para permitir preguntas e comentarios dos visitantes, garantindo unha experiencia amena e positiva.

Idiomas: inglés e español

Prezo: 12€ por persoa (sen límite de prazas)

Data: 26 de xuño de 2025

Hora: 18:00

Disponibilidad


Este servicio se ofrece bajo petición. Indique el número de personas y haga click en solicitar, en breve contactaremos con usted

Nº de personas Data
04/07/2025 Solicitar

Easy Galicia SLP ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas y gracias al que ha podido optimizar su  sistema de ventas y gestión de reservas para incrementar sus ventas y mejorar su productividad. La acción ha tenido lugar en el año 2017 y para ello ha contado con el apoyo del Programa TicCámaras  de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.”   

Una manera de hacer Europa