Ribadavia
A capital do Ribeiro, antiga capital do Reino de Galicia, orixe do que durante séculos foi o viño mais prezado da península ibérica, hoxe segue lembrando a súa lendaria e mítica historia.
Descobre a través do relato dos nosos guías o testemuño dunha vila onde o patrimonio cultural e a natureza da súa contorna entrelázanse á perfección para achegar ao visitante unha experiencia única.
Horarios de visita e idiomas suxeitos á dispoñibilidade dos guías.