Pazo do Faramello

Agochado na Comarca do Sar atópase o Pazo do Faramello. Ao abeiro do bosque de ribeira entorno ao Río Tinto atopamos este conxunto de orixe industrial convertido hoxe nun dos lugares senlleiros da contorna de Santiago.

A Real Fábrica de Papel del Faramello, 1710, foi fundada por un home de orixe xenovés, o Marqués de Piombino. Dende aquela no faltan referencias históricas e literarias sobre este lugar que, entre outras cousas, foi residencia real de Alfonso XIII, fonte de inspiración de Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Camilo José Cela, Alejandro Pérez Lugín etc. e incluso arsenal durante a revolta contra os franceses a principios do S. XIX.

Entre os muros centenarios e os murmullos do río escoitanse historias de celtas, raiñas paganas e lendas xacobeas namentres se camiña polos xardíns que ocupan o espazo antano dedicado á elaboración de papel e á imprenta de diversos tipos de publicacións. Tamén se atopan obras de arte e objectos de importante valor histórico dentro do edificio principal e na capela.

A día de hoxe, aademais de visitar o conxunto, lévanse a cabo actividades divulgativas e de carácter cultural, pero tamén se poden concertar eventos privados nun dos edificios que hai no interior do recinto.

Máis información

Localización , 15980 Rois A Coruña
Teléfono +34 675 041 555
Correo electrónico pazofaramello@pazofaramello.com
Páxina web http://www.pazofaramello.com

Easy Galicia SLP ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas y gracias al que ha podido optimizar su  sistema de ventas y gestión de reservas para incrementar sus ventas y mejorar su productividad. La acción ha tenido lugar en el año 2017 y para ello ha contado con el apoyo del Programa TicCámaras  de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.”   

Una manera de hacer Europa